Patrimonio de Cuicul

Celebra o noso aniversario con preguntas de cultura xeral!

Únete a nós o 23 de agosto nunha festa de preguntas virtual e gratuíta con preguntas sobre civilizacións antigas, historia dos Estados Unidos, feitos históricos inusuais, cultura pop e moito máis.

$23 / $5000
Irene Fanizza
por , traducido por Eva Bruzos Bruyel
publicado en
Translations 4
bookmark_addbookmark_addedGarda o artigo printImprimir picture_as_pdfPDF

Hai poucos lugares na Terra onde poidamos dicir que as pedras que estamos a pisar son exactamente as mesmas que pisaba hai séculos a xente.

Estes lugares son importantes. Paseamos polo foro de Roma, percorremos as ruínas do anfiteatro Flavio e viaxamos ás pirámides do Cairo. Estes lugares son coñecidos e, en consecuencia, conserváronse desde a antigüidade ata os nosos días; consérvanse grazas a que están dentro de grandes cidades ou preto delas, que protexen e promoven o seu valor incalculable.

Eliminar anuncios
Publicidade

Roma, Atenas e O Cairo non só teñen un valor que transcende a pura arqueoloxía, senón que tamén gardan con celo un interior que normalmente queda fóra do alcance da vista.

Normalmente, dedicámonos a escavar e a sacar da area o testemuño dun mundo que se conservou por casualidade, o que ás veces axuda a preservar a natureza do que agora xace baixo capas de terra e turba ou baixo a auga; con todo, a selección natural non só actúa cos seres vivos, senón tamén cos restos materiais do pasado. Toda clase de tempo atmosférico, así como todo tipo de chan, pode tanto conservar coma destruír materiais diversos e deixarnos só as miguiñas, que tentaremos seguir para reconstruír o mundo que foi.

Eliminar anuncios
Publicidade

Pero onde está a xente?, onde construíu? Este factor humano consegue saír airoso en toda clase de ambientes. Como sociedade, dotounos duns narradores que nos entreteñen coas historias dese pasado hai tanto tempo abandonado.

Hai lugares na Terra que se foron abandonando e esquecendo pouco a pouco. Aínda así, seguen aí. Os elementos da vida coma as calzadas, as casas e os teatros seguen todos aí agardando, perfectamente quedos.

Eliminar anuncios
Publicidade

O exemplo que máis me impacta do meu pasado é Djémila, nas montañas do norte de Alxeria, na provincia de Sétif.

Cuicul Cardo Maximus
Cardo máximo de Cuicul Yelles (GNU FDL)

A UNESCO rexistrouna nun primeiro momento como monumento en 1982, como un sitio cuxa importancia é a de ser un exemplo de cidade romana nunha zona montañosa. En 2009, actualizou o seu perfil engadíndolle novos niveis dos criterios de avaliación e, en consecuencia, elevou a súa importancia. Para comprender por que, debemos ter en conta o peso da palabra «abandonado/a» ou entender que é o que fai único este lugar. A cidade construíuse baixo o emperador Nerva e ficou próspera durante 450 anos. Aínda que a abandonaron precipitadamente tras a conquista dos bizantinos no ano 553.

A verdade é que non pasou nada máis digno de mención na historia de Cuicul. Antes de que aparecese a UNESCO, volveu sentir o tacto dunhas mans humanas en 1909, despois de 1.500 anos.

Eliminar anuncios
Publicidade

É incrible se pensamos que a cidade actual se expandiu xusto desde o sur da cidade abandonada de Djémila. Case coma un ensanche, a cidade nova é un barrio contiguo á antiga.

Desde a década de 1980, cando a UNESCO se fixo cargo da cidade, os avances no estudo do sitio foron lentos. As referencias son case inexistentes. O museo empezou sendo unha maltreita instalación para os mosaicos. Pregúntome se esta falta de estudos modernos pode atribuírse ao feito de que non haxa nada que explicar nin debater academicamente: temos os datos e as inscricións e coñecemos perfectamente o uso ao que estaba destinado cada un dos edificios. É case coma se a falta de problemas de interpretación fixese dela algo nada especial.

Djemila Museum
Museo de Djémila Fanizza (Public Domain)

É na marabilla dos detalles onde esta cidade cobra vida.

Cuicul é un asentamento dunha antiga colonia romana fundada durante o reinado do emperador Nerva, a finais do século primeiro da nosa era (96‑98 d.C.). A fórmula clásica da planificación urbanística romana adaptouse ás limitacións físicas do sitio. A ambos os extremos do cardo máximo (cardo maximus, «grande eixe central»), que é a columna vertebral mesma da cidade, hai dúas portas.

Eliminar anuncios
Publicidade

No núcleo (nucleus, «centro») está o foro, unha praza rectangular rodeada dos edificios esenciais para o funcionamento da vida civil e social. O capitolio estaba ao norte, a curia ao leste e a basílica civil (basílica Xulia) ao oeste.

As vivendas aristocráticas, decoradas cuns ricos mosaicos dos que toman os seus nomes contemporáneos (a casa de Anfitrite, a casa de Europa, etc.), multiplicáronse durante o século II d.C. neste céntrico barrio, onde tamén se atopaban o templo de Venus Genetrix («a Nai») e o macellum («mercado cuberto»). Con todo, pola súa posición defensiva, este sector da cidade acabou apiñándose, acurralado entre as murallas, o que dificultou un maior desenvolvemento urbanístico da cidade.

Os vestixios do templo de Venus e das residencias aristocráticas ricamente decoradas con mosaicos aínda resultan visibles. Os vestixios dos monumentos que sinalaron a expansión da cidade (mediados do século II d.C.) cara ao sur tamén inclúen un barrio novo, onde abundan os edificios públicos e privados e mais as vivendas.

Eliminar anuncios
Publicidade

Aquí construíuse o arco de Caracalla e o templo da familia da estirpe dinástica imperial dos Severos. Creouse un foro novo conforme á tradición e, máis adiante, un teatro con capacidade para 3.000 espectadores (que se concluíu xa baixo Antonino Pío). A certa distancia de alí, hai unhas termas que se construíron durante o reinado de Cómodo. Entre os edificios do período clásico, paga a pena mencionar a basílica téxtil (ou mercado de telas) e a fonte cónica que é unha réplica a pequena escala da Meta Sudans de Roma.

Cuicul Thermae
Termas de Cuicul Fanizza (Public Domain)

O cristianismo tamén deixou a súa pegada en Cuicul, en forma de varios edificios para o culto: hai unha catedral e un baptisterio de igrexa que están considerados uns dos máis grandes do período paleocristián.

En canto aos criterios de avaliación do sitio, segundo a web da UNESCO:

Criterio (iii): Djémila é un testemuño excepcional dunha civilización que desapareceu. É unha das ruínas romanas máis fermosas do mundo. Os vestixios arqueolóxicos, a planificación urbanística integrada romana e a contorna constitúen a base do que representan os valores que se lle atribúen a este sitio.

Criterio (iv): Djémila é un exemplo destacado dun tipo de conxunto arquitectónico que ilustra unha etapa significativa da historia do norte de África romano, desde o século II ao VI da nosa era. Neste caso, a fórmula clásica da planificación urbanística romana adaptouse ás limitacións xeofísicas do lugar. O sitio constitúe un catálogo dunha variada tipoloxía arquitectónica, que inclúe un sistema defensivo e un arco do triunfo, edificios coma os baños públicos e o teatro ou instalacións para o comercio e a artesanía. Tamén conta co mercado dos Cosinios, que constitúe unha proba extraordinaria da prosperidade económica da cidade.

Eliminar anuncios
Publicidade

Hai lugares que saen do normal e queremos que estes lugares sexan accesibles —aínda que xa o son na maioría das ocasións—; Djémila podería chegar a ser un dos sitios máis populares do mundo: un lugar para turistas, cunha librería e un café. O incrible bo estado deste lugar, grazas ao feito de que non o visitasen desde que se abandonou Cuicul, fai que nos preguntemos sobre a súa explotación intensiva: que tal lle iría?

Neste caso, poderiamos preservar mellor este sitio para a posteridade, mellor do que fixo ninguén en 1.500 anos?

Eliminar anuncios
Publicidade

Sobre o tradutor

Citar esta obra

Estilo APA

Fanizza, I. (2026, August 09). Patrimonio de Cuicul. (E. B. Bruyel, Tradutor). World History Encyclopedia. https://www.worldhistory.org/trans/gl/2-436/patrimonio-de-cuicul/

Estilo Chicago

Fanizza, Irene. "Patrimonio de Cuicul." Traducido por Eva Bruzos Bruyel. World History Encyclopedia, August 09, 2026. https://www.worldhistory.org/trans/gl/2-436/patrimonio-de-cuicul/.

Estilo MLA

Fanizza, Irene. "Patrimonio de Cuicul." Traducido por Eva Bruzos Bruyel. World History Encyclopedia, 09 Aug 2026, https://www.worldhistory.org/trans/gl/2-436/patrimonio-de-cuicul/.

Eliminar anuncios